Somos un centro PRIVADO CONCERTADO PLURILINGÜE, de calidade, con ambiente cercano e familiar, donde os valores e unha didáctica activa son os pilares fundamentais para preparar aos alumnos para o futuro e ensiñarlles a ser felices.
Situados no corazón da Travesía de Vigo, levamos máis de 45 anos traballando na tarefa educativa de maneira inclusiva e integradora, comprometidos en ofrecer unha formación acorde á demanda dunha sociedade cambiante.
Que Pretendemos? Visión.
Que os nosos alumnos cheguen a ser adultos capaces de participar activa e críticamente na sociedade.
Cales son os valores?
No noso traballo diario, comprometémonos a CULTIVAR os seguintes valores:
• Liberdade e responsabilidade
• Convivencia democrática
• Respecto
• Superación
• Curiosidade
• Autonomía
• Transparencia (ser honesto cun mesmo e cos demais)
Cales son os obxectivos principais?
• Desenvolvemento dunha ensinanza de calidade coidando a formación permanente e actualización do profesorado, seguindo o modelo de calidade europea.
• Ensinar os alumnos a aprender a aprender e a pensar é o obxectivo principal.
• A formación personalizada, que propicie unha educación integral en coñecementos, destrezas e valores morais dos alumnos en todos os ámbitos da vida: persoal, familiar, social e profesional.
• Educar con afectividade e efectividade.
• A metodoloxía activa que asegure a participación do alumnado nos procesos de ensino aprendizaxe con proxectos colaborativos.
• A consideración da atención á diversidade mediante o plan de apoio aos alumnos con dificultades na aprendizaxe, ademáis das actuacións dirixidas aos alumnos con necesidades educativas especiais.
• A atención psicopedagóxica e a orientación educativa e profesional.
• O desenvolvemento das capacidades creativas e do pensamento crítico.
• A formación no respecto e defensa do medio ambiente
Por que consideramos importantes as normas de convivencia?
Para facilitar as relacións mutuas de axuda entre profesor e alumno, dar confianza para expoñer dúbidas, e fomentar a comunicación e o respecto. Contribuír á formación na responsabilidade dos alumnos e proporcionar hábitos de puntualidade. En definitiva, lograr que as relacións entre tódolos membros da comunidade escolar sexan próximas e repectuosas.
Participan os pais na tarefa educativa?
Confiamos en que os pais e nais ou titores participen e apoien a evolución do proceso educativo dos seus fillos, coñezan as decisións relativas á avaliación e promoción e colaboren nas medidas de apoio ou reforzo que adopta o centro educativo para facilitar o seu progreso.
Pretendemos que a tarefa educativa sexa unha prolongación dende o colexio ata o fogar.
1 Comment
Comments are closed.