REGUEIFAS

VOLTARON AS REGUEIFAS Ó MONTERREY

Grazas a Lupe e a Josiño, os alumnos de 1º e 2º ESO tiveron a oportunidade de aprender a regueifar.

Durante dous días de Obradoiro, explicaron como compoñer regueifas e tamén a súa melodía para poder cantalas. Todo isto para poder participar no Certame que se vai celebrar este venres día 18 de febreiro en Valadares.

Foi unha grande experiencia que terá o seu resultado moi pronto.

Algunhas das regueifas que soaron e que crearon improvisadamente para o Obradoiro.

Achegábame a Baiona

O barco vén polos mares

Pero eu tiro para Vigo

Que hai certame en Valadares.

(Candela 2º ESO)

Sacaron as Tanxugueiras

Quedaron en mal estado

Agora están cantando

Por culpa dese xurado.

(Samuel 1º ESO)


Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.