Somos un centro PRIVADO CONCERTADO PLURILINGÜE, de calidade, con ambiente cercano e familiar, donde os valores e unha didáctica activa son os pilares fundamentais para preparar aos alumnos para o futuro.

Situados no corazón da Travesía de Vigo, levamos máis de 40 anos traballando na tarefa educativa de maneira inclusiva e integradora, comprometidos en ofrecer unha formación acorde á demanda dunha sociedade cambiante.

¿Qué Pretendemos? Visión.

Que os nosos alumnos cheguen a ser adultos capaces de participar activa e críticamente na sociedade.

¿Cales son os valores?

No noso traballo diario, comprometémonos a CULTIVAR os seguintes valores:

•   Liberdade e responsabilidade
•   Convivencia democrática
•   Respecto
•   Superación
•   Curiosidade
•   Autonomía
•   Transparencia (ser honesto cun mesmo e cos demais)

¿Cales son os obxectivos principais?

• Desenvolvemento dunha ensinanza de calidade coidando a formación permanente e actualización do profesorado, seguindo o modelo de calidade europea.

• Ensinar os alumnos a aprender a aprender e a pensar é o obxectivo principal.

• A formación personalizada, que propicie unha educación integral en coñecementos, destrezas e valores morais dos alumnos en todos os ámbitos da vida: persoal, familiar, social e profesional.

• Educar con afectividade e efectividade.

• A metodoloxía activa que asegure a participación do alumnado nos procesos de ensino aprendizaxe con proxectos colaborativos.

• A consideración da atención á diversidade mediante o plan de apoio aos alumnos con dificultades na aprendizaxe, ademáis das actuacións dirixidas aos alumnos con necesidades educativas especiais.

• A atención psicopedagóxica e a orientación educativa e profesional.

• O desenvolvemento das capacidades creativas e do pensamento crítico.

• A formación no respecto e defensa do medio ambiente

 

Por qué consideramos importantes as normas de convivencia?

Para facilitar as relacións mutuas de axuda entre profesor e alumno, dar confianza para expoñer dúbidas, e fomentar a comunicación e o respecto. Contribuír á formación na responsabilidade dos alumnos e proporcionar hábitos de puntualidade. En definitiva, lograr que as relacións entre tódolos membros da comunidade escolar sexan próximas e repectuosas.

¿Participan os pais na tarefa educativa?

Confiamos en que os pais e nais ou titores participen e apoien a evolución do proceso educativo dos seus fillos, coñezan as decisións relativas á avaliación e promoción e colaboren nas medidas de apoio ou reforzo que adopta o centro educativo para facilitar o seu progreso.

Pretendemos que a tarefa educativa sexa unha prolongación dende o colexio ata o fogar.

 

Translate »