TEATRO EN INGLÉS

Os alumnos de 3º e 4º da ESO fomos a ver “A Midsummer Night’ s Dream”. (unha das obras de teatro máis coñecidas de Shakespeare). Foi unha obra cun reparto non moi extenso (4 actores) polo que non coincidían máis de 4 personaxes á vez. A obra estivo moi ben, con moitos momentos cómicos e a linguaxe utilizada era acorde ao nivel de inglés da nosa idade. Ao acabar a actuación, os actores realizaron unha rolda exprés de preguntas por se alguén non se decatou de algo. Á parte desas preguntas, realizaron outras para ver se estabamos atentos ao que pasaba. Mereceu a pena.

Ignacio Martín e Adrián Gómez (3º ESO)

 


Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

*

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.