TEATRO EN PRIMARIA

Os alumnos de 3º e 4º de Primaria asistimos ao divertido concerto didáctico “ O máxico Planeta dos Instrumentos insólitos”, do grupo musical Fetén Fetén. Fixéronnos viaxar no tempo a través de diferentes ritmos e melodías da música popular española e de estilos musicais traídos doutros lugares, así como tamén, con instrumentos creados polo pobo con elementos reutilizables e instrumentos da historia da música. Pasamos un intre moi divertido, sorrindo, cantando e bailando… valorando as cousas que unen aos seres humanos, sendo a música, unha ferramenta de unión moi importante para a convivencia.


Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

*

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.