V CAMPIONATO ESCOLAR DE NATACIÓN

Este domingo día 22 de abril celebrouse a última xornada la Liga Escolar de natación 2018.
O noso cole clasificouse en 5º lugar con 4010 puntos. Un formidable traballo conseguido co esforzo de tódolos participantes durante as tres xornadas do campionato.
Pero iso non foi todo. As nosa alumna Sabela Romero obtivo o primeiro premio da categoría promesas con 2200 puntos e Eire Mateo o cuarto posto con 1420 puntos.

As pequenas do equipo deixaron ben claro que veñen nadando con forza.

Os demáis participantes foron: Iris Diz, Marco Argibay, Alba Áspera, Anxo e Iago Cabaleiro, Candela Mateo, Brais D’ Pierre, Erea Gòmez e Xián Romero. 

A xornada rematou coa visita de David Meca, un exemplo de superación e esforzo que animou coas súas palabras a tódolos nenos a loitar e esforzarse polos seus soños, sempre sen deixar de lado ós estudos.

O alcalde Abel Caballero e o concelleiro de deportes encargáronse da entrega de trofeos e medallas.

Unha xornada moi enriquecedora , polo que invitamos a tódolos alumnos a que na próxima edición se unan a este gran equipo de gañadores, ós que dende aquí damos unha vez máis, a nosa máis sincera noraboa.

O pase de diapositivas require JavaScript.


Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.