O vídeo realizado polo alumnos de 4º da ESO foi o gañador no concurso de Faro de Vigo “Cíes paraíso de todos”.
Os alumnos decidiron participar neste concurso para expresar como se sinten e que pensan sobre elas.
“Grabar o vídeo custounos un pouquiño porque queríamos que cada toma fose perfecta, e con moito esforzo conseguimos grabalo todo. Cando nos dixeron que gañaramos o concurso chimpamos de alegría, e durante a recollida do premio estabamos moi nerviosos e impacientes.”