O pasado venres, todo o alumnado de Primaria realizou unha visita á cidade de Ourense. Durante a xornada, exploraron algúns dos lugares máis emblemáticos da cidade, como A Alameda, As Burgas, e a Praza Maior, onde foron recibidos polo alcalde. Ademais, percorreron o histórico Puente Romano e finalizaron a excursión gozando das Termas de Outariz.
Regresamos cargados de anécdotas e experiencias e con ganas de que chegue a próxima excursión.
Cal será o próximo destino?