VISITA DE XAVIER ESTÉVEZ

Ante a atenta mirada dos nosos escolares, chegou hoxe ó noso centro o escritor Xavier Estévez. Aplaudimos a un ex alumno, profesor e novelista da literatura galega co que pasamos un agradable momento. Con todos nós lembrou a súa estadía de neno no Colexio Monterrey, de cativo sempre lle gustou escribir, escribía máis do que lía. Da súa época de estudante, recordou que non sempre acadaba bos resultados pero iso non é indicador de que nesta vida non se poida triunfar. El considérase ante todo un gran admirador da filosofía e tamén da novela de ciencia ficción, da que fai mención nos dous libros que leron os nosos alumnos: KIBUKO e AQUELES MOMENTOS QUE PERDEMOS.

O pase de diapositivas require JavaScript.


Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.