VISITA DO ESCRITOR RAMÓN D. VEIGA

Hoxe venres 25 de marzo tivemos unha visita moi especial, o autor do libro que leramos na clase veu ao cole para pasalo ben con nós. O primeiro que fixo foi ensinarnos todo o que traía na mochila da escola e como non, non podía faltar a merenda… ¡un enorme bocadillo de nocilla!
Foi moi interesante descubrir como se lle ocorren as ideas para os seus libros e como participa neles a súa filla.
Ademáis, tamén realizamos uns obradoiros cos personaxes do libro que trouxo Ramón preparados.
Ao final tivemos a sorte de que nos asinou e nos adicase todos os nosos libros.
Grazas Ramón D. Veiga por achegar ás nosas aulas a literatura en forma de comic.


Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.