Alumnos de Primaria e Secundaria visitaron o edificio do Concello de Vigo. Da man dun guía fixeron un percorrido por lugares diversos e moi interesantes, como a sala de prensa, laboratorio, sala de control de tráfico, escola de música, e mesmo a Sala de Plenos, onde contaron coa presenza do Alcalde. Tamén quixeron aproveitar a ocasión para deixarlle algunhas peticións para mellorar a cidade (un parque na zona da Travesía, máis concertos e un parque acuático, entre outras).