VISITA Ó CONCELLO

O xoves, 1 de marzo, os alumnos de 1º e 2º ESO visitamos o Concello de Vigo.

O que máis nos chamou a atención foi que houbese tantas cousas alí dentro, nun só edificio.

En primeiro lugar fomos ver o salón de plenos, onde nos explicaron cómo funcionaba.  Ademais o noso alcalde falou da sua axenda de traballo, dos proxectos que pensaba facer e tamén de que tiñamos que estudar e prepararnos para o futuro.

Despois visitamos a sala onde se fan as roldas de prensa, que está no andar 11, e desde a que contemplamos unhas espectaculares vistas da cidade.

Posteriormente estivemos na Escola Municipal de Danza, onde nos fixeron unha demostración tocando e cantando unha polca.

Seguimos o percorrido ata a sala de control de tráfico, na que vimos unha chea de pantallas para controlar as principais rúas da cidade, e onde hai tamén un semáforo que se usaba antes nas rotondas.

Finalmente visitamos o laboratorio de microbioloxía onde se analiza a auga da nosa cidade e sabemos se é potable ou non.

Foi una visita moi interesante e divertida, pasámolo moi ben.

Os alumnos de 1º e 2º ESO

O pase de diapositivas require JavaScript.


Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.