VISITA XABIER ESTÉVEZ FERREIRO

Visitounos o escritor vigués e antigo alumno do noso centro, Xavier Estévez Ferreiro.
Os alumnos de 5º de primaria viviron unha xornada de diversión, motivación e misterio coas historias que puideron escoitar da man do autor.
Grazas Xavier, pola túa comprensión, improvisación e agarimo que nos amosaches hoxe.
Esperamos que voltes ó noso centro coa publicación desa marabillosa historia do libro no que estás a traballar.
Esta sempre será a túa casa.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.