Familias queremos compartir convosco a alegría que recibimos esta mañá cando nos anunciaron gañadores de cinco premios na X Edición do Faro da Escola deste curso.
Queremos dar as grazas principalmente aos alumnos, os nosos pequenos redactores, polo compromiso,esforzo e dedicación no proxecto, aos profes que tan amablemente cededes tempo das vosas clases e colaborades coas vosas achegas e ideas, a Alejandro, a voz crítica das edicións, motor de moitas ideas e que sempre está aí para botar unha man… pero sobre todo, a Faro de Vigo por deixarnos participar neste espectacular proxecto.
– Primeiro Premio: Mellor reportaxe.
– Primeiro Premio: Mellor campaña publicitaria.
– Segundo Premio: Mellor tira cómica.
– Segundo Premio: Mellor xestión publicitaria.
– Segundo Premio: Mellor uso audiovisual.