Oops! It appears that you have disabled your Javascript. In order for you to see this page as it is meant to appear, we ask that you please re-enable your Javascript!

XUNTOS EDUCAMOS MELLOR

EMPEZAMOS XA COS PREPARATIVOS DO PRIMEIRO DÍA. COMO PODEMOS AXUDAR?

Para moitos nenos é un mal trago empezar a etapa de escolarización, polo que é normal que tarden días, semanas ou meses en adaptarse.

Esta dificultade maniféstase, na maior parte das ocasións, con choros, ás veces, desgarradores. Outras veces lévano cunha firmeza espartana, como resignados. E, por suposto, tamén están eses nenos que senten unha auténtica alegría ó ir á escola por primeira vez.

Cómo podemos axudar ós nenos de tres anos?

Sería bo que cando a nena ou neno inicie a escolarización non estea a vivir outras crises.

Explicarémoslle que vai aprender moitas cousas, que estará con outros compañeiros, como se chama o seu profesor…É moi importante a actitude coa  que transmitimos todo isto, con ilusión e dándolle información real.

Facer unha visita á escola uns días antes de empezar para que se familiarice con ela, estaría tamén moi ben.

Adaptar os horarios días antes, para garantir que durma o que precise.

Preparalos para unha maior autonomía: que vaia controlando as ganas de ir ó baño, que limpe os dentes… e comunique un malestar ou unha necesidade.

Preparar xuntos as cousas do colexio: mochila, roupa, merenda…

Evitaremos sempre frases negativas como “alí non te van consentir tanto”, “aprenderás a non ser tan antolladizo; tamén actitudes de medo ou preocupación excesiva.

Chega  o gran día:

      Cando entre na súa clase, a despedida non debe ser demasiado longa, evitaremos ser sentimentais en exceso, pero tampouco sairemos correndo deixándoo alí sen máis.

É importante transmitirlle seguridade, non nos deixando contaxiar pola súa angustia.

É importante tamén que os pais teñan confianza plena no profesor, mostrándose con el en termos de amizade.

Explicarémoslle ó neno que o volveremos buscar e, por suposto, non nos esqueceremos de cumprir o horario.

Se pasado un tempo persisten as dificultades, como por exemplo, ir chorando polo camiño, pódeo calmar  que sexa outro membro da familia quen o leve durante uns días.

Non é conveniente permitirlle que se quede na casa cada vez que non teña ganas de ir ó colexio. Se vai continuamente adaptarase antes.

Se se dan regresións como volver a mollar a cama, retrocesos na linguaxe, agresividade…que persisten, falaríamos co profesor e a psicóloga orientadora do colexio para saber a causa e pórlle solución.

Mª Carmen Lorenzo

Orientadora Colexio Monterrey

Spread the word. Share this post!

Leave Comment

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

*

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.

Translate »