É obrigatorio en Educación Infantil, Primaria e no primeiro e segundo curso de E.S.O. Os alumnos de Infantil usarán ademáis obrigatoriamente o mandilón durante toda a xornada escolar. Para as clases de Educación Física levarán tódolos alumnos o chándal do colexio coa camiseta correspondente. É importante que os alumnos e alumnas veñan ó colexio correctamente uniformados de maneira que fortalezamos entre todos a unidade e a cohesión do noso centro. A colaboración dos pais neste tema é indispensable para conseguir este objetivo. O uso do uniforme é un vínculo que crea pertenza a unha institución e revela calidades persoais que distinguen ó alumno, levando sempre unha presentación digna.

As prendas que compoñen o uniforme son as seguintes:

• Pantalón gris escuro para os nenos.
• Falda ou pantalón femenino gris escuro con pespuntes en amarelo para as nenas.
• Polo amarelo co escudo do centro e dúas listas azuis en colo e mangas.
• Xersei azul marino co escudo do centro, escote en pico con dúas listas amarelas.
• Zapatos azul marino ou negro.
• Medias azul marino para as nenas.

Tanto o uniforme coma o chándal e o mandilón pódese adquirir na tenda de deportes “Brais Sport” , na rúa Sanjurjo Badía 108 e tamén no “El Corte Inglés”

Para manter a uniformidade de tódolos alumnos prégase a máxima colaboración, desde principios de curso, dos pais, nais e de tódolos alumnos. As prendas deberán estar debidamente marcadas co nome do alumno para evitar posibles perdas das que o centro non se responsabiliza.

Translate »