CENTRO PLURILINGÜE ACREDITADO EN EDUCACIÓN INFANTIL.

O Proxecto do Plurilingüismo é unha proposta educativa de calidade que ten como obxectivo a inclusión da lingua inglesa en diferentes áreas, para fomentar e normalizar o seu uso entre o alumnado e profesorado. Para isto, ademáis do especialista de cada materia, contamos co apoio do noso auxiliar de conversa, que acompaña ó alumnado nestas áreas.

Con este proxecto buscamos garantir unha óptima preparación para os nosos alumnos de cara ó seu éxito no mundo académico, laboral, social e de ocio, xa que a nosa sociedade necesita individuos capaces de comunicarse en máis dunha lingua.

As materias que se imparten en inglés son:

En Educación Infantil: Psicomotricidade

En Educación Primaria: E. plástica e E. física

En ESO: E. plástica, valores éticos e E. física

 

  Contamos cun profesor nativo en tódolos cursos, desde 3 anos ata 4º da ESO. para:

Reforzar as competencias en lingua estranxeira, fundamentalmente as destrezas orais, do alumnado.
• Promover o entendemento cultural.
• Promover a ensinanza da cultura e civilización do seu país de orixe.
• Fomentar a motivación e o interese do alumnado pola lingua e a cultura do país de orixe da persoa auxiliar e do conxunto de países que comparten a súa lingua.
• Promover iniciativas de formación e apoio ao ensino e aprendizaxe das linguas. A súa presenza na aula (e no centro) debe ser unha fonte de ideas, de creatividade e de novos recursos.
• Achegar recursos didácticos, especialmente material orixinal do seu país de procedencia.