Os seus comezos débense a un grupo de colaboradores que xuntando ánimos e xuventude decidiron fundar un centro escolar alá polos anos 70. Concretamente foi no ano 1974 cando se decidiron a pórlle o nome de Colexio Monterrey. Na súa primeira andaina era un centro totalmente privado e contaba con gran número de alumnos.

Anos máis tarde solicitou o concerto e con motivo da reforma educativa, tivo que ampliar o seu ámbito pedagóxico para poder impartir tamén a ESO. Creouse, entón, un novo edificio separando as instalacións de Infantil- Primaria por un lado e Secundaria por outro. Todo isto fixo que aumentara o número de alumnos e houbo tamén que cambiar a plantilla de profesores, que entraron a formar parte dunha sociedade que traballa única e exclusivamente para o benestar dos seus alumnos. A implicación na tarefa educativa é o punto esencial desta organización e grazas o seu labor xa ten logrados algúns méritos a nivel nacional coma o programa que está a desenvolver para acadar un sistema educativo baseado na Calidade Educativa de Excelencia.

No ano 2010 ampliouse a zona de recreo ou patio escolar.  E, continuando nesta liña de mellora, en 2019, coincidindo co 45 aniversario, fixo un cambio radical na súa infraestructura, inaugurando instalacións completamente novas, deixando as intalacións antiguas. Toda esta labor foi levada a cabo pensando sempre na satisfacción do alumno, creando un ambiente propicio para o desenvolvemento da actividade docente.

Actualmente o Colexio Monterrey defínese como un centro moi acolledor, onde o coñecemento e o trato cos seus alumnos é moi individualizado, e que conta cun gran equipo de asesoramento tanto no nivel educativo coma no profesional.