Toda persona interesada en coñecer o centro, tanto as instalacións coma a dinámica académica, pode visitar o Colexio previa cita no teléfono 986272047. Para calquera visita de novos alumnos é recomendable dirisirxe á secretaria do centro
A incorporación de novos alumnos seguirá orde e prazo establecidos pola Consellería de Educación da Xunta de Galicia:
• O prazo de presentación de solicitudes de admisión será do 1 de marzo ao 20 de marzo.
• As solicitudes presentadas fóra de prazo perderán prioridade en relación coas presentadas no prazo establecido e serán remitidas á comisión de escolarización.
• As solicitudes axustaranse ao modelo oficial.
• Cada solicitante presentará unha única solicitude.
• O alumnado admitido formalizará a matrícula do 20 ao 30 de xuño para alumnos de infantil e primaria e do 23 de xuño ao 7 de xullo para alumnos de secundaria.
• Se finalizado o prazo de matrícula, non se formalizase esta, decaerá o dereito á praza obtida.
• No momento de realiza-la matrícula, aboarase o
• ORDE do 21 de outubro de 2022 pola que se desenvolve o Decreto 13/2022, do 3 de febreiro (DOGA 8 de novembro de 2022), polo que se regula a admisión de alumnado en centros docentes sostidos con fondos públicos que imparten ensinanzas de segundo ciclo de educación infantil, de educación primaria, de educación secundaria obrigatoria e de bacharelato.
• Criterio complementario establecido en caso de baremar: “ser fillo de antigo alumno”