O vídeo "Vigo ciudad luchadora y acogedora" realizado polos alumnos de 3º de ESO, foi premiado no concurso "Vigo en 90 segundos" co tema Reconquista. https://vimeo.com/946761345
PARABÉNS AINARA
É maravilloso ver a unha nena tan pequena, participando activamente en todas as carreiras. O seu entusiasmo e determinación son realmente inspiradores. Seguro que ten un futuro excepcional no mundo do deporte. Parabéns Ainara!
DÍA DA BICICLETA
Os nenos/as de 5° P puideron demostrar as súas habilidades na bicicleta, grazas á colaboración do Club ciclista vigués.
PROXECTO EDUCACIÓN VIAL
Os alumnos de 4º de primaria están traballando nun proxecto de Educación Vial, e contaron coa colaboración de María da "Autoescuela San José", Noemi da “Autoescuela Racing”, e Xosé Martínez de API MOVILIDAD. Grazas a todos eles pola axuda.