DEPARTAMENTO DE ORIENTACIÓN
No Colexio Monterrey, o Departamento de Orientación é o motor que impulsa o desenvolvemento integral de cada alumno e alumna. Traballamos man a man coas familias e o profesorado para que o alumnado alcance o seu máximo potencial afectivo, social e cognitivo.
¿Como axudamos aos nosos alumnos e alumnas?
Dacordo coa normativa educativa de Galicia sobre atención á diversidade e inclusión, o noso traballo organízase en tres áreas principais:
- Orientación Educativa: Detectamos de forma temperá dificultades de aprendizaxe (TDAH, TEA, dislexia…) e deseñamos programas de apoio personalizados.
- Orientación Vocacional: Axudamos a descubrir as preferencias de cada alumno/a e guiámolos na toma de decisións para o seu futuro laboral.
- Orientación Persoal e Benestar: Traballamos o autocoñecemento, as habilidades sociais e a xestión emocional dende unha base de empatía e escoita activa.
Convivencia e Compromiso Social
Cremos nunha escola segura e comprometida. A través do noso Plan de Convivencia, fomentamos:
- Convivencia Pacífica: Prevención do acoso escolar e formación de cidadáns responsables.
- Igualdade: Educación específica contra a violencia de xénero.
- Mediación Escolar: Formamos ao alumnado para resolver conflitos de forma autónoma e dialogada.
- Círculos de diálogo: Utilizamos reunións grupais para previr conflitos, fortalecer os lazos do grupo clase e xestionar as emocións de xeito colectivo.
Iniciativas que nos fan diferentes
- Punto Laranxa: Un espazo seguro e anónimo para denunciar calquera situación de posible acoso escolar.
- Club de Xogos: Un espazo de lecer positivo para fomentar a integración, o compañeirismo e o pensamento estratéxico.
Un equipo multidisciplinar ao teu servizo
O noso departamento está formado por profesionais especializados que traballan en rede:
- Psicólogas do centro.
- Mestra de Audición e Linguaxe (AL).
- Profesorado de apoio (PT) para alumnos con Necesidades Educativas Especiais.
- Xefatura de Estudos.
A nosa meta: Que cada alumno/a non só aprenda, senón que desfrute do proceso e se converta nunha persoa socialmente concienciada
A NOSA AULA DE AUDICIÓN E LINGUAXE: “ONDE AS PALABRAS CRECEN”
No cole, a aula de (Audición e Linguaxe) non é só un lugar de aprendizaxe; é un espazo cheo de maxia, confianza e sorrisos onde axudamos a que cada alumno/a atope a súa propia voz. É un recurso especializado de apoio á inclusión.
O noso obxectivo principal é potenciar as capacidades comunicativas e lingüísticas do alumnado que presenta dificultades nestas áreas, garantindo que a linguaxe non sexa unha barreira, senón unha ferramenta para a súa aprendizaxe e desenvolvemento social.
A quen vai dirixido?
Atendemos a alumnos/as con necesidades especiíficas de apoio educativo (NEAE).
Sabemos que cada alumno/a ten o seu ritmo de aprendizaxe. Por iso, acompañamos ós alumnos que atopan algunha dificultade no camiño a falar, escoitar ou entender ós demais.
O noso traballo é facer que se sentan seguros para expresarse, xogar coas palabras e comunicarse co mundo.
Que facemos na nosa aula?
Traballamos con moito agarimo en:
- Trastornos dos sons da fala (TSH) : Aprender a pronunciar mellor para que todos nos enténdan.
- Trastornos da linguaxe: Ampliar o vocabulario e construír frases bonitas, a comprensión e expresión oral.
- Mellorar a escóita, para que non se perdan nada do que pasa en clase.
- Comunicación: Usar xestos ou imaxes (SAAC) cando as palabras aínda se resisten a saír.
Como traballamos?
A nosa intervención baséase nun enfoque dinámico e personalizado, utilizando metodoloxías lúdicas e ferramentas tecnolóxicas actualizadas:
- Avaliación e Prevención: Detectamos de forma temperá posibles dificultades nos niveis iniciais (Infantil).
- Intervención Individual ou en Pequenos Grupos: Sesións adaptadas ó ritmo e necesidades de cada alumno/a.
- Colaboración con Familias: Ofrecemos pautas e estratexias para reforzar a linguaxe na contorna familiar mediante os recursos para xogar en familia na aplicación Moodle, e sempre teredes a porta aberta para charlar con Adela( a nosa mestra de Audición e Linguaxe) sobre as dúbidas e os avances dos vosos fillos.
Para nós, vós sodes a peza crave. A linguaxe nace en casa, cun bico de boas noites ou contando que tal foi o día.
- Coordinación Docente: Traballamos de xeito conxunto cos titores e o equipo de orientación para adaptar os materiais da aula ordinaria.
Un espazo para eles
Nosa aula é un lugar tranquilo e divertido. Aquí non hai exames; hai xogos, contos, espellos para facer “acenos” que adestran a lingua, pantalla dixital e tablet con aplicacións divertidas que nos axudan a aprender xogando.
“Porque cada palabra conta e cada neno ten algo importante que dicir”