REALIDADE VIRTUAL

O Colexio Monterrey elixido para colaborar no desenvolvemento da aplicación con realidade virtual “The Speak App”.
O pasado 10 de Xaneiro o equipo de The Speak App, desarrolladores Chiara, desprazouse desde Madrid a Vigo para traballar cos nosos alumnos de secundaria na validación do prototipo da aplicación.
O propósito de The Speak App é transformar os nervios que bloquean aos mozos de 12 a 18 anos á hora de falar en público e convertelos en enerxía que lles empodere para así mellorar a súa comunicación e oratoria, transformando así a educación en habilidades. Conséguese grazas á Realidade Virtual para unha experiencia 100% inmersiva, e tamén coa Intelixencia Artificial para xerar o feedback das diferentes prácticas. Os alumnos do Colexio Monterrey puideron probar esta tecnoloxía e achegaron as súas ideas así como as posibles melloras para mellorar a experiencia de usuario.
Grazas a este tipo de ferramentas os centros educativos poden contar cun excepcional recurso para preparar o futuro laboral dos seus alumnos xa que estas Soft Skills cada vez son máis demandadas no mercado laboral. Entre outros, poderán adestrar a competencia oral nas aulas, diferentes técnicas oratoria e debate, así como perder o medo para enfrontarse a falar en público.

O pase de diapositivas require JavaScript.


Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.