VACINA PARA A PAZ E O BO TRATO

Os alumnos de 4º de ESO detectaron un violentavirus, que denominaron MDLR. Este virus maniféstase creando un ambiente violento e irrespetuoso que impide ter unha convivencia agradable.
Para eliminar este violentavirus fixeron un estudo minucioso e conseguiron crear unha vacina, “LAYAYA”, que será administrada o venres día 30 a todos os alumnos do colexio. Esta vacina é moi fácil de elaborar e calquera que lea esta receita poderá facela e administrala a toda persoa contaxiada.

COMPOÑENTES:

• Herbas da felicidade
• Ácido facherituoso
• Ácido amoroso
• Dalsy
• Diamizade de trialegría
• Amor de nai
• Croquetas da yaya

A vacina contra o violentavirus MDLR contén herbas da felicidade machucadas, ácido facherituoso elaborado polas persoas máis facheras do mundo ás que se aplican 10 ml de ácido amoroso das avoíñas máis tenras do universo, 3 culleradas de dalsy, uns pos de diamizade de trialegría creados por trasgos de Papá Noel, media croqueta da “yaya” para dar sensación de dozura, e o máis importante, o bico da túa nai no vaso para que a receita convértase nun caramelo en forma de corazón.

INDICACIÓNS:
Administrar unha ao día cada mañá para repeler as malas vibracións e crear un ambiente extremadamente sensacional e sempre que te sintas ofendido ou discriminado.


Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.