APÍPOLIS

O mércores 25 de abril os alumnos de infantil, 1º e 2º de primaria fomos a pasar todo o día a Apípolis. Alí explicáronnos a importancia que teñen as abellas para os seres humanos e que moitos dos alimentos que tomamos dependen da polinización das abellas.
Vimos os paneis que facían as abellas, como se extraía o mel deles e ata nos puxemos un equipo de protección para poder estar á beira delas.
Ademais de todo isto aprendemos xogos e cancións relacionados co mundo das abellas e trouxemos para casa galletas, un tarrito de mel e unha vela feita por nós.
Foi un día xenial!

VER FOTOS

 

O pase de diapositivas require JavaScript.


Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.