CLUB DE LECTURA

Este curso centrámonos en animar ó alumnado para a creación dun club de lectura. Intentamos centrar os temas arredor das ODS (Obxectivos de desenvolvemento sostible).
A primeira reunión fixémola arredor do libro As alumnas de Paula Carballeira, que nos abriu un mundo do ensino, nunha época difícil, tendo como telón de fondo unha dictadura franquista. Coñecemos o papel de María Barbeitos, unha gran mestra, loitadora por un ensino diferente.
Este mes de xaneiro tocoulle o turno á Sanidade e a Medicina, co libro Os nenos da varíola de María Solar. Esta vez o feito heroico xurdiu co descubrimento da vacina para erradicar unha pandemia mundial como foi a varíola.

O pase de diapositivas require JavaScript.

 


Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.