Os alumnos da actividade extraescolar de xadrez participaron no II Open Chess do Colexio Montecastelo, foi unha mañá moi entretida, na que realizaron diferentes actividades relacionadas co xadrez: por unha banda, un torneo de tres roldas de 10 minutos por xogador, co sistema suízo; partidas con invidentes (colabora no Open Chess un equipo de xadrez da ONCE), partida colectiva en taboleiro xigante, partida por internet, partida simultánea -, etc.
Os alumnos do noso colexio obtiveron moi bos reultados, quedando nos mellores postos dentro das súas categorías.