DEPUTADOS POR UN DÍA

O noso Centro participa no pleno infantil no pazo do Hórreo. 80 cativos galegos reflexionaron sobre o acoso escolar e fixeron varias propostas que se comprometeron a cumprir.

Deputados de colexios das catro provincias galegas fixeron as súas propostas para frear o acoso escolar nas aulas. Despois chegou a reflexión, o debate, e o momento máis esperado: a votación, solemne e en urna.

O vicepresidente do hemiciclo encargouse do reconto de votos. Dos doce compromisos a escoller gañou por maioría o proposto pola provincia de Pontevedra (Colexio Monterrey): respectar a liberdade propia tanto como a dos demais.

DOCUMENTO PRESENTADO

 

EDUCACIÓN EN VALORES

RAP CONTRA O RACISMO. CON GARCÍA MC (ex – Dios ke te Crew) & MÉDICOS DO MUNDO
Unha maneira divertida de unir os fundamentos da cultura Hip Hop coa loita polos dereitos humanos.

 

Para celebrar o día Internacional para a Eliminación da Violencia Machista os alumnos de 3º da ESO confeccionaron un mural que estivo exposto na Rúa do Príncipe xunto cos realizados por outros Centros deVigo.

img-20161125-wa0000

 

IAGO RODRÍGUEZ, 3º ESO, REPRESENTA A GALICIA EN MADRID

Iago Rodríguez de 3º da ESO, representou a Galicia nas xornadas anuais que se celebraron en Madrid, no programa “os xóvenes non paramos de pensar”. Estas actividades poñen de manifiesto a capacidade de movilizar conciencias, cambiar actitudes e deixar prexuizos que os nosos xóvenes desenvolven.

El pase de diapositivas requiere JavaScript.

Translate »